Aviso Legal

Datos Identificativos

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, a continuación recóllense os datos seguintes:

A empresa titular deste sitio web é INTEGRA M. G. S. I. CEE, S.L. (en diante “a Empresa”) con domicilio social en C/ Cabeza Mesada 5, 4º derecha. 28031 Madrid con número de CIF: B82992744, inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 16517, folio 59, folla M-281283, inscrición 1. Correo electrónico info@integracee.es

Usuarios

O acceso e/ou uso do sitio web https://www.integracee.es/ (en diante, “Sitio web”) atribúe a condición de USUARIO, que acepta, dende o devandito acceso e/ou uso, as condicións xerais de uso aquí recollidas. As citadas condicións serán de aplicación independentemente das condicións particulares que, no seu caso, rexan a utilización do sitio web ou dos servizos vinculados a el. A prestación do servizo do sitio web ten carácter gratuíto.

 Cando o USUARIO se rexistre e facilite datos persoais para poder acceder a algún dos servizos específicos, a recolleita e o tratamento dos datos persoais dos USUARIOS rexeranse polo disposto no epígrafe sobre seguridade e protección de datos de carácter persoal.

OBRIGAS DO USUARIO

O simple acceso, navegación e uso do sitio web conleva e supón a aceptación polo usuario do aviso legal vixente e publicado en cada momento.

O sitio web proporciona acceso a multitude de información, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) en internet pertencentes á Empresa ou ás súas licenciantes aos que o USUARIO poida ter acceso.

 O USUARIO asume a responsabilidade do uso do portal. Esta responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. No devandito rexistro, o USUARIO será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ao USUARIO pódeselle proporcionar un contrasinal do que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo.

O USUARIO comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que a Empresa ofrece a través do seu sitio web e con carácter enunciativo, mais non-limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos do Sitio web, dos seus provedores ou de terceiras persoas, así como introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, empregar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes

A Empresa resérvase o dereito a retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación.

En calquera caso, a Empresa non será responsable das opinións vertidas polos usuarios a través dos foros, mensaxes ou outras ferramentas de participación, no seu caso.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

A Empresa por si mesma ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial das súas páxinas web, así como dos elementos contidos nas mesmas (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos, marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de computador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso etcétera).

O usuario comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial titularidade da Empresa. O acceso, navegación, utilización, almacenamento e ou descarga de contidos do sitio web por parte do usuario non lle outorga ningún dereito de propiedade sobre eles.

En consecuencia, o uso dos contidos do sitio web por parte do usuario será para o seu uso privado e a condición de que con iso non infrinxa o copyright nin calquera outro dereito da Empresa. Esta autorización de copia privada non implica a concesión de licenza ou dereito de explotación ningún a favor do usuario.

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

A Empresa adoptou todas as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e do estado da tecnoloxía, para garantir o funcionamento do sitio web e evitar a existencia e transmisión de virus e demais compoñentes daniños aos usuarios.

 O usuario debe saber que as comunicacións a través de redes abertas están expostas a unha pluralidade de ameazas que fai que non sexan seguras. É responsabilidade do usuario adoptar todas as medidas técnicas adecuadas para controlar razoablemente estas ameazas e, entre elas, ter sistemas actualizados de detección de software malicioso, tales como virus, troianos etc., así como ter actualizados os parches de seguridade dos correspondentes navegadores.

 A Empresa non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar..

 A Empresa non garante a dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do sitio web e/ou dos seus servizos. Non entanto, porá os seus mellores esforzos en procurar que o sitio web estea accesible e en pleno funcionamento todo o tempo.

EMPREGO DE COOKIES

O sitio web da Empresa utiliza cookies (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para o correcto funcionamento e visualización dos sitios web por parte do usuario, así como a recolleita de datos para fins estatísticos. Para máis información, consulte a nosa Política de cookies.

LIGAZÓNS

As ligazóns a contidos no noso sitio web poden dirixir a contidos web de terceiros. O obxectivo destas ligazóns é unicamente facilitarlle a procura dos recursos que lle poidan interesar a través de Internet.

 A Empresa non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación ningunha entre a Empresa e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.

 As ligazóns ás webs da Empresa deberán respectar as seguintes condicións:

  • O establecemento da ligazón non suporá ningún tipo de acordo, contrato, patrocinio nin recomendación por parte da Empresa da páxina que realiza a ligazón.
  • A páxina web en que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos que sexan ilícitos, discriminatorios, contrarios aos principios éticos comunmente aceptados ou que atenten contra a orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.
  • A Empresa poderá solicitar que se retire unha ligazón ao seu web sen necesidade de alegar causa ningunha. En tal caso, a páxina que realice a ligazón deberá proceder á súa inmediata supresión en canto reciba a notificación da Empresa.
  • Non se responsabiliza de ningún xeito nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da hiperligazón poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web da hiperligazón.
  • A páxina web en que se estableza a hiperligazón non poderá conter marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes á Empresa, agás aqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón.

XENERALIDADES

A Empresa perseguirá o incumprimento das presentes condicións así como calquera utilización indebida das súas páxinas web exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN

A Empresa resérvase o dereito de efectuar, en calquera momento e sen previo aviso, calquera modificación que considere oportuna no seu sitio web.

 Poderá modificar en calquera momento as condicións aquí especificadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións coincide co tempo da súa exposición, até que sexan modificadas total ou parcialmente. Pasarán entón a ter vixencia dende o momento da súa modificación e publicación no sitio web.

LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

A relación entre a Empresa e o USUARIO rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia recorrerase ante os xulgados e tribunais que correspondan á competencia territorial da Empresa titular da web, renunciando expresamente o usuario a calquera outro foro que puidese ser competente.