Política de privacidade

QUEN É O RESPONSABLE DE TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?

  • Razón social: INTEGRA M. G. S. I. CEE, S.L.
  • CIF: B82992744
  • Enderezo postal: C/ Cabeza Mesada 5, 4º derecha. 28031 Madrid.
  • Teléfono: 91 358 80 33 / 91 505 99 99
Contacto do Delegado de Protección de datos (DPD): rgpd-integracee@integracee.es

2. CON QUE FINALIDADE E BAIXO QUE BASE LEXITIMADORA TRATAMOS OS SEUS DATOS PERSOAIS?

Os datos recolleitos a través do sitio web serán tratados coa finalidade de xestionar a solicitude realizada a través do sitio web, xa sexa mediante o formulario de contacto, xa mediante unha solicitude por correo electrónico. A base legal para este tratamento é o seu consentimento expreso, que se entenderá outorgado cando realice o envío do devandito formulario cos seus datos ou se comunique connosco por correo electrónico.

Os consentimentos outorgados poderán ser revogados pola persoa usuaria en calquera momento, aínda que nese caso non poderá darse trámite á consulta ou cuestión exposta.

3. QUE CATEGORÍAS DE DATOS TRATAMOS?

Atendendo ás diferentes finalidades e os tratamentos realizados desde o sitio web e as canles de contacto especificadas nel, poderanse tratar as seguintes categorías de datos persoais:

  1. Datos de identificación e contacto: nome e apelidos, correo electrónico e teléfono.
  2. Datos de detalles de emprego: empresa na que presta os seus servizos e datos de contacto corporativos.
  3. Datos de localización: área xeográfica.
  4. Datos de navegación: IP, comportamento no sitio web.
  5. Outros datos facilitados directamente pola persoa usuaria nas comunicacións que manteña a través das canles habilitadas para o efecto.

 

Rogámoslle á persoa usuaria que non facilite ningún dato sensible ou de terceiros a través de ningunha das canles habilitadas neste sitio web, tales como o correo electrónico habilitado para exercer dereitos de protección de datos ou o apartado «Comentarios» do formulario de contacto.

4. DURANTE CANTO TEMPO CONSERVAMOS OS SEUS DATOS?

Os prazos de conservación dos seus datos determínanse de acordo co cumprimento da lexislación vixente, regulamentos e esixencias normativas aplicables, e, en todo caso, durante o tempo necesario para atender as solicitudes e/ou consultas das persoas usuarias.

5. A QUEN PODEREMOS COMUNICAR OS SEUS DATOS?

De maneira xeral, os seus datos non serán comunicados a terceiros, agás naqueles casos en que isto se derive dunha obriga legal.

Os provedores que prestan servizos (aloxamento, plataformas, software) poderán acceder aos seus datos para levar a cabo o encargo de tratamento. Como norma, os seus servidores deben estar situados no Espazo Económico Europeo e, en caso contrario, sempre nos aseguramos de que os devanditos provedores estean situados en países cun nivel de protección adecuado ou ofrezan garantías de cumprimento da normativa europea en materia de protección de datos e, en particular, do RXPD.

Ademais, informámolo de que a nosa empresa ten presenza en diversos medios ou redes sociais, como Facebook, Twitter, YouTube ou LinkedIn. Na nosa web, atopará enlaces aos nosos perfís corporativos nas devanditas redes sociais. Ao facer clic nas correspondentes ligazóns, será redirixido a contornas externas á nosa web.

Recomendámoslle que coñeza as políticas de privacidade destes medios ou redes sociais para evitar compartir información non-desexada. Dispón de configuracións de privacidade e xestión da conta nas redes sociais para xestionar as preferencias de privacidade, identidade, publicidade e outros aspectos relacionados.

6. COMO SE PROTEXEN OS SEUS DATOS PERSOAIS?

Comprometémonos a manter seguros os seus datos persoais, adoptando todas as precaucións razoables para facelo. Implantamos todas as medidas organizativas e técnicas necesarias de acordo coa normativa vixente para protexelos contra calquera acceso non-autorizado, modificación, divulgación, perda ou destrución. Esiximos e impomos contractualmente aos provedores de servizos o mesmo nivel de seguridade.

7. COMO PODE EXERCITAR OS SEUS DEREITOS?

Pode solicitar confirmación sobre se os seus datos persoais están a ser tratados e, en caso afirmativo, acceder a eles. Tamén pode solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que se recompilaron.

En determinadas circunstancias, é posible solicitar a limitación do tratamento dos seus datos. Nese caso unicamente os conservaremos para o exercicio de accións ou a defensa de reclamacións.

Por último, cando sexa procedente, poderá exercitar o dereito de portabilidade para obter os datos en formato electrónico ou que se transmitan a outra entidade.

Para exercer os citados dereitos, deberá dirixir un escrito ao Delegado de Protección de Datos á dirección de correo electrónico indicada na cabeceira desta política.

No caso de que o exercicio dos dereitos se realice a través dun medio non-rexistrado previamente na nosa base de datos (por exemplo, desde unha dirección de correo electrónico distinta á que proporcionou inicialmente) e existan dúbidas razoables sobre a identidade do titular, será necesario acreditala a través dun mecanismo legalmente válido.

Para axudarnos a procesar a súa solicitude, rogámoslle que indique no asunto «Exercicio de dereitos usuarios web protección de datos».

Por último, informámolo de que, se considera que un feito pode constituír un incumprimento da normativa aplicable en materia de protección de datos, pode dirixirse ao Delegado de Protección de Datos mediante o medio anteriormente indicado, sen prexuízo do seu dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos no enderezo c/ Jorge Juan, 6, 28001 Madrid ou a través da súa sede electrónica, no caso de que considere que se vulneraron os dereitos que lle son recoñecidos pola normativa aplicable en protección de datos.