¿Por que escollernos?

Elíxennos pola excelencia dos nosos servizos, polo noso sistema integrado de xestión e polo valor social que xeramos xunto a máis de 300 empresas cliente.

Somos especialistas na xestión, organización e implantación dos servizos de limpeza de interiores; limpeza industrial; limpeza e desinfección hospitalarias; limpeza en residencias para persoas maiores; limpeza de centros educativos, mantemento; auxiliares; recepción; facility management; medio; loxística interna, xestión de almacéns e manipulados industriais. Co noso sistema integrado de xestión, baseado na innovación, eficiencia, sustentabilidade, seguridade e mellora dos procesos, logramos reducir custos e aumentar a eficiencia e o rendemento produtivo.

Por que escollernos:

Alta especialización e orientación a clientela e persoas usuarias e beneficiarias finais

Valor social engadido para evolucionar cara a un mercado sustentable

Resposta única e coordinada ante calquera posible incidencia en calquera servizo

Redimensionamento e adaptación dos servizos a novos escenarios e obxectivos

Capacidade de interlocución e proximidade

Eficiencia de custos

Formación continua do persoal

Compromiso coa calidade e satisfacción do cliente

Seguridade e prevención de riscos de todas as persoas involucradas nas nosas operacións e servizos

Axudámosche a cumprir coa lexislación. A Lei xeral de discapacidade establece que as empresas cuxo cadro de persoal supere as 50 persoas deben reservar o 2 % dos postos de traballo para persoas con discapacidade. Aplicando medidas alternativas, como a contratación de servizos que contribúen á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade, pódese cumprir con esta obriga.

A LXD ofrece a posibilidade de acollerse a medidas alternativas, como a contratación de servizos, para contribuír á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade e ao cumprimento da lexislación cando unha empresa non poida realizar unha contratación directa por causas técnicas, económicas ou organizativas.

As medidas alternativas son unha opción de carácter excepcional que ofrece a Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social para facer fronte total ou parcialmente a esta obriga. Estas medidas substitutivas están reguladas no Real decreto 1/2013 e ofrecen a posibilidade de contratar os servizos a un centro especial de emprego. A contratación de persoas con discapacidade é un investimento en diversidade que aumenta a confianza da sociedade na empresa, xera impacto social e incrementa a percepción positiva da compañía nas persoas empregadas, grupos de interese da organización e opinión pública.

Se queres que che axudemos co cumprimento de Lei xeral de discapacidade, non dubides en contactar con Integra CEE comercialintegra@integracee.es