Coñécenos

Integra CEE xurdiu no ano 2001 como resposta a unha demanda social

a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade

Máis de 20 anos despois, Integra CEE é un referente de alcance nacional no mercado de emprego protexido e sitúase como axente xerador de emprego para persoas con discapacidade a través dun innovador proxecto de servizos profesionais que, á súa vez, xera valor social nas empresas para as que traballa.

Como centro especial de emprego, Integra CEE cumpre unha función social de primeira magnitude, posto que ofrece ás persoas con discapacidade a oportunidade de desenvolveren unha traxectoria de habilidades e competencias esenciais para competir no mercado ordinario.

Quiénes somos. Conócenos. Contratación de empleo inclusivo

En coherencia coa nosa visión da sociedade como diversa e inclusiva, a misión do noso centro especial de emprego, solvente e sustentable, é xerar, promover e incrementar oportunidades laborais para persoas con discapacidade que, co apoio e axustes necesarios, poidan realizar un traballo de calidade equitativamente remunerado e adecuado ás súas competencias, a través da prestación de servizos capaces de competir en primeira liña de diferentes sectores de actividade.

A misión da nosa organización amplía o seu alcance grazas ao valor do noso proxecto social, que busca contribuír á mudanza que a sociedade precisa realizar para non deixar a ninguén atrás, e que se enfoca na promoción da igualdade de oportunidades a través da inclusión laboral de persoas de grupos de poboación de maior vulnerabilidade. Á súa vez, sensibilizar os nosos grupos de interese e a opinión pública verbo da realidade dos colectivos máis vulnerables da sociedade é un labor inherente ao quefacer de todas as persoas que traballamos en Integra CEE.

Integra CEE é o resultado do compromiso, esforzo e profesionalidade de todas as persoas que conformamos esta organización, na que máis do 90 % somos persoas con discapacidade.