Declaración de accesibilidade

  • https://integracee.es
  • 18/04/2023

Estado de cumprimento(GL)

Cremos firmemente que Internet debe ser accesible e estar a disposición de todas as persoas. Por iso, temos o compromiso de proporcionar un sitio web accesible ao maior número posible, independentemente das súas circunstancias e capacidades.

Para logralo, o noso obxectivo consiste en adherirnos o máis estritamente posible ás Pautas de Accesibilidade para a Contido Web 2.1 (WCAG 2.1) do Consorcio World Wide Web (W3C) no seu nivel AA. Estas directrices describen como adaptar os contidos web para que poidan resultar accesibles a persoas con discapacidades. 

Este sitio web utiliza diversas tecnoloxías para que resulte o máis accesible posible. Empregamos unha interface de accesibilidade que permite ás persoas adecuala ás súas necesidades.

Ademais, o sitio web emprega unha aplicación baseada en intelixencia artificial que se executa en segundo plano e optimiza continuamente o nivel de accesibilidade. Esta aplicación modifica o código HTML do sitio web, adaptando a súa funcionalidade e comportamento aos lectores de pantalla que utilizan as persoas con cegueira e ás funcións de teclado que utilizan as persoas con  discapacidades motrices.

Se atopa algún erro de funcionamento ou ten suxerencias sobre como mellorar o sitio web, agradeceriámos moito que nolo comunicase. Pode pórse en contacto coas persoas encargadas do sitio web a través do seguinte correo electrónico info@integracee.es

Navegación mediante lector de pantalla e teclado

O noso sitio web aplica a técnica de atributos ARIA (Accessible Rich Internet Applications, «accesibilidade en aplicacións web enriquecidas»), xunto con outros de comportamento, para garantir que as persoas con cegueira que realizan a visita con lectores de pantalla poidan ler, comprender e aproveitar as funcionalidades do sitio web. Cando unha persoa usuaria  que utiliza un lector de pantalla entra no noso sitio web, solicítaselle que estableza o seu perfil de lector de pantalla para que poida navegar e facer uso do sitio web de forma satisfactoria. A continuación, móstrase como o noso sitio web satisfai algúns dos requisitos máis importantes en relación cos lectores de pantalla, xunto con algunhas capturas de pantalla da consola que conteñen exemplos de código:

  1. Optimización para lectores de pantalla: executamos un proceso en segundo plano que analiza todos os elementos do sitio web para garantir o cumprimento das directrices de accesibilidade mesmo no caso de que o sitio web se actualice. Neste proceso, proporciónanse aos lectores de pantalla os datos que necesitan para o seu correcto funcionamento, utilizando para iso o conxunto de atributos ARIA. Por exemplo, fornécense etiquetas apropiadas para os formularios, descricións para as iconas que permiten realizar accións (iconas de redes sociais, iconas de procura, iconas de carro da compra etc.), indicacións para validar as entradas nos formularios, elementos como botóns, menús, diálogos modais (xanelas emerxentes) e outros. Así mesmo, o proceso en segundo plano escanea todas as imaxes do sitio web e proporciona unha descrición precisa e relevante baseada en recoñecemento de obxectos mediante etiquetas ALT (texto alternativo) para as imaxes que non están identificadas. Tamén se extraen os textos que contén a imaxe por medio de tecnoloxía OCR (recoñecemento óptico de caracteres). A persoa usuaria pode activar os controis do lector de pantalla en calquera momento con tan só premer a combinación de teclas Alt+1. Ademais, quen empregue un lector de pantalla recibe un aviso automático para que active o modo de lector de pantalla nada máis entrar no sitio web.

Esta configuración é compatible cos lectores de pantalla máis populares, tales como JAWS e NVDA.

  1. Optimización da navegación desde o teclado: o proceso en segundo plano tamén adapta o código HTML do sitio web, engadindo diversos comportamentos mediante o uso de código JavaScript. Deste xeito, o sitio web pode manexarse a través do teclado. Así, é posible navegar polo sitio web utilizando as teclas Tabulador e Maiúsc+Tabulador, desprazarse polos elementos despregables coas teclas de cursor, pechalos con Esc, premer sobre botóns e ligazóns coa tecla Intro, moverse entre botóns de opción e casas de verificación coas teclas de cursor, e marcalos co espazador ou a tecla Intro. Ademais, quen utilice o teclado poderá acceder en calquera momento a menús de navegación rápida e aqueles que permiten omitir contidos con tan só premer Alt+1 (estas serán tamén as primeiras opcións ao navegar polo sitio web). O proceso en segundo plano tamén xestiona as xanelas emerxentes, facéndoas accesibles desde o teclado en canto se mostran e mentres estean activas.

Tamén se poden utilizar atallos de teclado premendo teclas tales como «M» (para os menús), «H» (cabeceiras), «F» (formularios), «B» (botóns) e «G» (gráficos) a fin de acceder directamente a elementos específicos.

Perfís de discapacidade compatibles co noso sitio web

  • Modo seguro para epilepsia: este perfil permite ás persoas con epilepsia navegar de forma segura a través do sitio web, ao evitar o risco de convulsións provocadas por animacións que mostran pestanexos e combinacións de cores que poidan resultar prexudiciais.
  • Modo para persoas con discapacidade visual: este modo adapta o sitio web ás necesidades das persoas con discapacidades visuais, tales como degradación da vista, visión túnel, cataratas, glaucoma.
  • Modo para discapacidades cognitivas: este modo proporciona diferentes funcións de asistencia para que as persoas con discapacidades cognitivas, como dislexia, autismo, ou persoas  que sufriron un accidente cerebrovascular, poidan concentrarse máis facilmente nos elementos esenciais do sitio web.
  • Modo adaptado para persoas con TDAH: este modo facilita que as persoas con trastornos TDAH e de neurodesenvolvemento poidan ler, navegar e concentrarse nos elementos principais do sitio web con maior facilidade, á vez que reduce significativamente as distraccións.
  • Modo para persoas con cegueira: este modo adapta o sitio web para que sexa compatible con lectores de pantalla tales como JAWS, NVDA, VoiceOver e TalkBack. Un lector de pantalla é unha aplicación deseñada para persoas con cegueira que pode utilizarse en computadores e teléfonos intelixentes e para a que os sitios web deben estar deseñados a fin de poder ser compatibles con ela.
  • Perfil de navegación para teclado (persoas con discapacidades motrices): este perfil permite ás persoas con discapacidades motrices navegar a través do sitio web mediante a tecla Tabulador, Maiúsc+Tabulador e Intro. Tamén se poden utilizar atallos de teclado premendo teclas tales como «M» (para os menús), «H» (cabeceiras), «F» (formularios), «B» (botóns) e «G» (gráficos) a fin de acceder directamente a elementos específicos.

Configuración adicional da interface de uso, deseño e lexibilidade

  1. Axuste de fontes: pódese aumentar e reducir o tamaño, elixir a familia (tipo de letra), axustar o espazado, a aliñación, a altura de liña etc.
  2. Axuste de cor: pódense seleccionar varios perfís de contraste en relación coa cor, tales como claro, escuro, invertido e monocromo. Ademais, é posible cambiar os esquemas de cor dos títulos, textos e fondos, para o que se dispón de máis de sete opcións diferentes.
  3. Animacións: as persoas con epilepsia poden deter todas as animacións en execución con tan só premer un botón. As animacións que pode controlar a interface son, entre outras, vídeos, GIF e transicións CSS con pestanexos.
  4. Resaltado de contido: existe a opción de resaltar elementos importantes tales como ligazóns e títulos. Tamén se pode elixir resaltar só os elementos seleccionados ou sobre os que se desprace o rato.
  5. Función para silenciar o audio: algunhas persoas que utilizan audiófonos poden sufrir dores de cabeza ou outros problemas debido á reprodución automática de sons. Esta opción permite silenciar a totalidade do sitio web ao instante.
  6. Desordes cognitivas: utilizamos un motor de procura vinculado a Wikipedia e Wiktionary que posibilita que as persoas con desordes cognitivas poidan interpretar o significado de frases, siglas, expresións populares etc.
  7. Funcións adicionais: ofrecemos a opción de modificar a cor e tamaño do cursor, utilizar un modo de impresión, activar un teclado virtual e un gran número de funcións adicionais.

Compatibilidade con navegadores e tecnoloxías de asistencia

O noso obxectivo é que o noso sitio web sexa compatible cunha ampla variedade de navegadores e tecnoloxías de asistencia co fin de que os nosos usuarios e usuarias poidan elixir as ferramentas que mellor se adapten ás súas necesidades e experimenten así as menores limitacións posibles. Para iso, esforzámonos ao máximo en ofrecer compatibilidade cos principais navegadores, que en conxunto supoñen máis do 95 % das persoas usuarias, tales como Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari de Apple, Opera e Microsoft Edge, así como JAWS e NVDA (lectores de pantalla), tanto nas súas versións para Windows coma para Mac.

Notas, comentarios e suxestións

Aínda que nos esforzamos ao máximo para que calquera persoa poida adaptar o sitio web ás súas necesidades, é posible que aínda existan páxinas ou seccións que non resulten enteiramente accesibles, que estean en proceso de converterse en accesibles ou para as que non exista neste momento unha solución tecnolóxica adecuada para transformalas en accesibles. Seguimos mellorando decontino as nosas capacidades de accesibilidade, engadindo, actualizando e mellorando funcionalidades e opcións, así como desenvolvendo e adoptando novas tecnoloxías, todo isto co fin de acadar un nivel óptimo de accesibilidade, conforme aos últimos avances tecnolóxicos. Se precisa calquera tipo de axuda, pode pórse en contacto connosco en info@integracee.es