Sustentabilidade de bo goberno

O bo goberno corporativo de Integra CEE baséase nun modelo de xestión que ten a ética empresarial e a transparencia como protagonistas. A nosa actividade está avalada por unha cultura corporativa que transcende o cumprimento estrito da lei, un xeito de actuar que trasladamos a todos os nosos grupos de interese para contribuír de maneira conxunta ao progreso sustentable. Con iso fomentamos un ambiente empresarial máis ético e transparente, unha cuestión esencial para garantir os dereitos das nosas persoas traballadoras e para fortalecer a confianza na empresa tanto entre o cadro de persoal coma entre a clientela.

A tal fin, dispomos dun Código ético que recolle os nosos valores, normas xerais de conduta e principios de actuación. Ademais, contamos cunha Canle ética onde os diferentes grupos cos que interactuamos (profesionais, clientela, provedores, entidades sociais etc.) poden comunicar as súas denuncias sobre un comportamento determinado ou as súas dúbidas sobre o noso sistema de cumprimento.

Así mesmo, rexémonos por unha serie de principios reitores en materia de prevención da responsabilidade penal, antisuborno e defensa da competencia. Non podemos esquecer que a transparencia empresarial fomenta o cumprimento normativo a todos os niveis, contribuíndo tamén á observancia do código ético da compañía, o que axuda a evitar a corrupción e a instaurar unha política de persoal igualitaria e xusta, en beneficio de todo o cadro de profesionais.

PACTO MUNDIAL DA ONU ESPAÑA

Integra CEE é unha das entidades participantes na Rede Española do Pacto Mundial da ONU, un movemento global pola sustentabilidade empresarial. As organizacións participantes nesta iniciativa salientan polo seu alto rendemento en sustentabilidade. Baixo este paraugas e en liña cos seus dez principios, traballamos para espallar entre os nosos grupos de interese un modelo de xestión sustentable que garanta o cumprimento de responsabilidades fundamentais no tocante a dereitos humanos, normas laborais, ambiente e loita contra a corrupción. Así mesmo, traballamos de maneira continuada para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) fixados na Axenda 2030.