Programas de desenvolvemento profesional e persoal

Queres unirte a Integra CEE?

Poden traballar nun centro especial de emprego as persoas traballadoras que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Ofrecémosche acompañamento personalizado durante o teu desenvolvemento sociolaboral, ademais de axudas sociais que podes consultar nesta páxina.

Atopa oportunidades laborais na nosa canle de emprego

Integra CEE garante o desenvolvemento profesional e o benestar das persoas con discapacidade

A Unidade de Apoio á Actividade Profesional (UAAP) ofrece unha atención integral e personalizada a todas as persoas que forman parte do cadro de persoal de Integra CEE. Trátase dun equipo en constante crecemento que achega coñecementos desde diferentes ámbitos profesionais, como o traballo social, a educación social e a psicoloxía, entre outros afíns, e cuxo conxunto achega a técnica e especialización necesarias para unha atención de calidade no proceso de acompañamento sociolaboral das persoas traballadoras.

Este equipo multidisciplinar, formado por máis de 60 persoas expertas en intervención social e discapacidade, xera calidade e valor engadido á estratexia empresarial mediante a atención e o apoio especializado que se brinda a cada unha das persoas traballadoras de Integra CEE a través de tres liñas de actuación:

Programa de Atención Sociolaboral Especializada

Programa de Benestar Biopsicosocial

Programa de Inclusión Social, Cultural e Deportiva

Programa de Atención
Sociolaboral Especializada
Programa de Benestar
Biopsicosocial
Programa de Inclusión
Social, Cultural e Deportiva

Emprego con responsabilidade, programa de atención sociolaboral especializada

Ofrecemos oportunidades laborais e acompañamos para a capacitación e desenvolvemento profesional, favorecendo a xeración de contornas laborais inclusivas e diversas.

Más de 54.000 tutorías de orientación y acompañamiento sociolaboral durante 2024

Selección especializada. Analizamos os postos vacantes de acordo con criterios de igualdade e accesibilidade. Apostamos polos beneficios que achega a diversidade e ofrecemos oportunidades laborais a persoas con discapacidade, sempre traballando para o axuste entre as competencias e capacidades da persoa e as funcións para desempeñar, garantindo o éxito na incorporación e adaptación ao posto.

Acompañamento sociolaboral personalizado. Deseñamos un plan de atención sociolaboral individualizado que se desenvolve durante toda a traxectoria profesional e persoal da persoa traballadora. Este plan implántase por medio de accións de orientación, formación e asesoramento especializado. En colaboración con cada persoa traballadora, o equipo técnico de unidade de apoio deseña, desenvolve e avalía accións de acompañamento que terán en conta a súa situación laboral, persoal e social. Este plan caracterízase por utilizar unha metodoloxía centrada na persoa que se adapta ás diferentes situacións ou necesidades de cada fase da súa traxectoria persoal e profesional, velando sempre pola autonomía, a mellora das competencias e a estabilidade psicoemocional.

Calidade no emprego. Contribuímos á mellora da calidade no emprego a través das ferramentas necesarias para favorecer o desenvolvemento integral da persoa e as súas oportunidades de desenvolvemento profesional. Durante todo o itinerario sociolaboral promovemos a mellora das competencias, achegando servizos de alto valor social engadido para a nosa clientela

Compromiso co benestar e a satisfacción das persoas

Máis de 500 persoas traballadoras de Integra CEE accederon, durante 2024, ao Programa de Benestar Biopsicosocial

O compromiso de Integra CEE coa saúde e o benestar das nosas persoas traballadoras tradúcese en proporcionarlles diferentes recursos e servizos de apoio..

O noso Programa de Benestar Biopsicosocial está deseñado para atender diversas necesidades, xerando melloras notables a nivel persoal, social e laboral. As súas accións, de carácter preventivo e rehabilitador, impulsan a autonomía e o desenvolvemento tanto persoal como profesional, e fomentan o benestar en todas as súas dimensións. O programa articúlase en tres liñas de actuación: Axudas Sociais, Fisioterapia e Saúde Mental.

Axudas Sociais Poñemos ao dispor do noso persoal un servizo individualizado de axudas sociais, dispoñible mediante convocatoria anual. O obxectivo é apoiar as necesidades económicas que poidan xurdir para a adquisición ou o mantemento de apoios técnicos, promovendo a autonomía e o desenvolvemento persoal e social. Así mesmo, facilítase o acceso a terapias especializadas, contribuíndo ao benestar biopsicosocial das persoas traballadoras.

Fisioterapia Ofrecemos servizos de fisioterapia ao noso persoal por medio de acordos de colaboración con clínicas especializadas. Esta medida pretende lograr melloras a nivel preventivo e rehabilitador da condición física e emocional do noso equipo humano.

Saúde mental Coidamos a saúde mental do persoal, mellorando o seu benestar psicoemocional por medio de servizos de terapia breve con especialistas externos. Estas intervencións permiten abordar necesidades psicolóxicas específicas, facilitando o desenvolvemento de habilidades para afrontar e xestionar situacións puntuais. Con este apoio, promóvese o crecemento persoal e poténciase a capacidade de resiliencia de cada persoa traballadora.

Impulsamos a participación social

Con este programa, Integra CEE promove a accesibilidade á cultura, o deporte e a participación social das persoas con discapacidade.

Máis de 230 actividades cunha participación de 12.000 persoas durante o ano 2024

Deseñamos actividades adaptadas ás necesidades e intereses da persoa e da nosa clientela. En Integra CEE estamos comprometidos co goce de calidade do tempo libre e promovemos diversas accións de lecer e participación para as persoas traballadoras e as súas familias.

 

Planificamos diversas actividades deportivas, culturais, de sensibilización e participación social como estratexia de apoio para a saúde e o benestar persoal e laboral. Contamos cun programa deseñado en función dos intereses da persoa que desenvolvemos ao longo de todo o ano co dobre obxectivo de impulsar a participación social e facilitar o acceso aos diversos recursos sociais, culturais e deportivos da comunidade.